sábado, 25 de enero de 2020

Presentación Pecha-Kucha

PECHA KUCHA
Ola a todos!

Hoxe estou aquí con outra tarefa máis sobre o meu negocio, cada día avanzamos máis no noso proxecto e teño a sensación de que vai ben encamiñado. Isto fíxeno co meu compañeiro Mario García.

Aínda que xa o dixen antes, o noso negocio Médico-Paciente é basicamente unha aplicación para manter o contacto cos teus médicos e que non te esquezas nunca máis dunha cita . Na presentación  tócanse múltiples temas relacionados co negocio, igual que en tarefas anteriores como o mapa de empatía, o mapa da proposta de valor, etc.

A presentación non é que teña nada de novo, para que mentir. Non deixa de ser unha clásica presentación de Google no que utilizamos Drive. Colocamos unha diapositiva por cada tema concreto, buscamos as imaxes que pensabamos que eran máis axeitadas e colocámolas. Tendo en conta que a maioría son de Google, buscamos de cada unha a web na que se albergaba, o título, autor e, por suposto, a licenza. Colocamos estes datos e os comentarios do que queremos explicar en cada unha das diapositivas na parte de "Notas de orador" e así rematamos.

As notas están pensadas para que sexan lidas nuns 20 segundos, xa que se nos pide que a presentación esté nun formato Pecha-Kucha (20 diapositivas por 20 seg. cada unha)

Esperamos que vos guste:











                                                      Compostela24horas.com




Licencia de Creative Commons     https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/                           

Curriculum Vitae

Hola perezotessssss!!!!!! Hoy os traigo una nueva tarea de TIC sobre presentar un curriculum y una carta de presentación a una de las d...